Search:

rc airplane radio control airplane rc helicopter radio control helicopter rc heli rc airplane crash

RIO LEREZ EN TERRA DE MONTES

RCeFlier
RCeFlier RCeFlier
RCeFlier

RIO LEREZTERRA DE MONTESA Terra de Montes está situada na parte máis montañosa das provincias de Pontevedra e Ourense, case no medio e medio de Galicia. Definir os seus lindes non é tarefa sinxela. Para case todo o mundo comprende os concellos pontevedreses de Forcarei e Cerdedo, cun cento de aldeas e vilas que forman cada un deles, xunto co concello ourensán de Beariz, de semellante xeografía e maneira de vida. Tamén algúns lugares da Estrada (Sabucedo), Cotobade (Caroi), Irixo ou Campo Lameiro poden considerarse da Terra de Montes.No ano 1.115, segundo publica Xesús Antonio Gulías no libro "Beariz de Montes", a raíña Dona Urraca escribe ó arcebispo Xelmirez concedéndolle as terras "ata o Avia". Sería pois este río o que delimitaría a Terra de Montes pola provincia de Ourense. Outros autores, como Vicente Risco non comparten esta definición; nin sequera se pon de acordo sobre cales son en realidade as fontes do Avia.Por se fora pouco, a Xunta de Galicia inventou o que chaman a comarca de "Tabeirós-Terra de Montes", que non é máis cá xuntaza dos dous concellos pontevedreses co da Estrada. Esta xuntanza pouco natural obedece máis a "cousas da política" que a unha realidade social, e obriga ós paisanos a viaxar á vila da Estrada, con moito a máis importante da zona, para calquera servicio dos chamados "comarcais". A orografía desta terra vén dada pola súa situación nas beiras da chamada Dorsal Galega, cos montes do Seixo, O Testeiro, Candán, etc. Este conxunto, no que se chega a alturas de 900 e 1000 metros, actúa de divisoria de augas entre as cuncas do Avia, cara ó sur, do Deza cara ó leste, e do Lérez, que recolle a maior parte, caria ó poñente. Tamén nace aquí o Umia, anque deseguida deixa a bisbarra para adentrarse nas terras da Estrada.

Channel: People & Blogs
Uploaded: November 30, 1999 at 12:00 am
Author: XOANARCODAVELLA

Length: 01:45
Rating: 4.50
Views: 794

Tags: ARCO  CERDEDO  DA  DE  MONTES  TERRA  VELLA  XOAN  

Video Url:


Embed Code:

Video Comments

anavvilas (November 30, 1999 at 12:00 am)
Sentemonos a la beira de este río, de nombre Lerez, que da verdor a sus dos orillas. Cojamos entre nuestras manos pequeñas piedras, lancemoslas una tras otras a sus aguas cristalinas, y veamos como se van formando pequeñas hondas, unas dentro de las otras si tenemos suerte, para luego verlas poco a poco desaparecer. Se desvanece, al igual que lo hacen nuestros pensamientos, estos lo mismo que las hondas llegan a nosotros unos tras otros.Precioso VídeoBicos de una amiga. Ana.

Please Visit  RC-Electric-Aircraft-Info  

RCeFlier © 2007 All Rights Reserved.